PROXECTOS

PLANS DE IGUALDADE

II Plan para a Igualdade de Mulleres e Homes do concello de Covelo (2018-2021) 

PROXECTOS DESENVOLTOS

Desenvolvemento e visibilización das medidas propostas polo II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 

CAMPAÑAS

Visibilizar as accións levadas a cabo no Concello de Covelo para traballar a favor da igualdade de mulleres e homes.

PROXECTOS 2023

Obradoiros

Obradoiros dirixidos ao alumnado de infantil e primaria do Ceip Antonio Blanco de Covelo: Obradoiros sobre diversidade afectiva-sexual, de xénero e familiar coa intención na comunidade educativa de integrar o respecto á diversidade afectiva-sexual e de xénero e desenvolver as capacidades afectivas do alumnado de infantil e primaria en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos
prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivosexual e de xénero.

www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioblanco/

Escola Verán 2023

Escola Verán 2023 e servizos de conciliación. Como todos os anos durante o mes de xullo realízase un proxecto de carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar ás familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes. Preténdese implicar ás familias a través das indicacións básicas sobre as actividades e rutinas. Xunto a escola de verán como proxecto de conciliación, ofertaremos un servizo de conciliación para as persoas que o precisen poidan anotarse e adaptarnos as súas necesidades.

PROXECTOS 2022

SERVIZO DE CONCILIACIÓN

Servizo socioeducativo no Concello de Covelo
para facilitar a conciliación das familias en periodos lectivos en horario non lectivo. Trátase da dinamización da biblioteca e centros sociais da vila en horario non lectivo según as necesidades das familias solicitantes do servizo.

Carta ecolóxica e feminista.

Mulleres en Acción Violencia Zero

Convidamos a participar na obra Costuras da Artista Andrea Valle, programa da Deputación de Pontevedra Mulleres en Acción -Violencia Zero. Mércores 05/10/2022 ás 12.30 h no auditorio municipal do Concello de Covelo.

Mavi a Maleta Viaxeira está en Covelo

Préstamo de libros relacionados co feminismo, igualdade, empoderamento, autoestima ou a violencia machista ás mulleres e nenas. Podes recoller un libro de préstamo (tamén libros infantís) na oficina de cultura do concello de Covelo en horario de 8.00 h a 14.00 h de luns a venres. Iniciativa da Subdelegación de Goberno de Pontevedra (Ministerio de Igualdade), colabora Concello de Covelo.

ORIENTATE

Campaña udo de xoguetes non sexistas e non violentos

PROXECTOS 2021

Eu podo. Historias de mulleres de Covelo

Exposición fotográfica contando a historia de 8 mulleres de Covelo. Dúas contan o que non puideron ser, tres contan o que poden ser que é unha actividade na que as mulleres están pouco representadas e dúas nenas contan o que queren ser e que supostamente poden, aínda non coas mesmas oportunidades que sendo home.

Contacontos EU podo: Actividade infantil de presentación da exposición “Eu podo. Historias de mulleres de Covelo” nas prazas en dúas parroquias de Covelo durante o verán.

En colaboración coa Diputación de Ponteveda

Obradoiros de diversidade afectivo sexual na escola.

Escola de verán 2021 :

Proxecto de conciliación.

Diseño e visibilización online da perspectiva de xénero en Covelo.

Campañas que se levaron a cabo:

– EuPODO, historias de mulleres de Covelo. Exposición polas diferentes parroquias de hitos nas vidas de mulleres.

– Campaña de sensibilización «Identificando o amor insán»

– Cartel «Respecto nas festas, en Covelo non hai sitio para o maltrato»

– Cartel da escola de verán

PROXECTOS 2020

Visibilización: Espazo web de consulta de material sobre linguaxe non sexista. 

Elaborouse un documento  coas guías se sensibilización de linguaxe non sexista en 11 ámbitos diferentes que dixitalizamos e lle demos un deseño atractivo para pomelo na web e que promocionamos nas redes sociais.

>>  Consultar guías

En colaboración coa Diputación de Ponteveda

Conciliación: Escola Verán 2020

Ten como finalidade proporcionar as familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes. Preténdese implicar as familias a través das indicacións básicas sobre as actividades e rutinas.

Peza teatral e coloquio sobre o papel da muller na sociedade actual (8 marzo):

Comezo da campaña coa crítica en clave de humor do papel da muller na sociedade acompañado dunha reflexión-coloquio.

En colaboración coa Xunta de Galicia.

Obradoiros cara un cambio de valores na sociedade:al (8 marzo):

Comezo da campaña coa crítica en clave de humor do papel da muller na sociedade acompañado dunha reflexión-coloquio.

En colaboración coa Xunta de Galicia.

Deseño de Probas avaliativas tipo test para primaria e cidadanía xeral

  • Proporcionar un achegamento a temática da igualdade de oportunidades e educación primaria.
  • Análise dos proceso de socialización.
  • Analizar os estereotipos sexistas para a prevención da violencia de xénero,
  • A coeducación e a corresponsabilidade.
    Ver probas

Cine, igualdade  e empoderamento: xuntas contra a violencia de género

Obradoiro e posterior coloquio

PROXECTOS 2019

Proxecto de sensibilización, formación e prevención da violencia machista a través da creación da performance ( O maltrato o foxo)

Tomando  como ferramenta de traballo a performance, as persoas participantes fíxéronse conscientes da importancia da reflexión e do traballo da comunidade contra a violencia de xénero, empezando pola visualización do problema para así poder reflexionar.

Preguntadas as persoas participantes:

  • Tiveron un espazo de escoita dialogo e reflexión sobre a importancia de previr a violencia de xénero.
  • Sensibilizaronse máis coa importancia das persoas na ruptura dos estereotipos de xénero existentes.

Esta actividade realizouse  coordinadamente coa campaña de sensibilización. De feito, a idea partiu de unha idea de imaxe non utilizada para a campaña pero moi relacionada co Concello de Covelo ( o paralelismo cos foxos do lobo moi importantes na riqueza etnográfica do Concello de Covelo).

Se fixo unha  chamada a persoas para participar na performance intentando potenciar a participación da mocidade pero a participación foi de persoas adultas e maiores .

A intención de que fora unha actividade coordinada e multidisciplinar, para que os efectos se multiplicaran, cumpliuse, facéndose unha presentación conxunta e unificada de ambas actividades na que se encheu o auditorio grazas as persoas participantes na performance e se entendeu por parte da veciñanza asistende a idea de un Concello que se posiciona contra a violencia de xénero e da importancia da implicación da veciñanza no traballo contra a violencia contra as mulleres. Como se indica na medida 24 do pacto de estado contra a violencia de xénero, no deseño da performance enviamos mensaxes positivas, unitarias e adaptadas as exigencias de cada momento, implicando a sociedade no seu conxunto.  Como a maioría da participación foi feminina na representación da performance da sociedade, se presentaron exemplos de mulleres fortes e valentes, posicionándose contra o maltratador. As pautas de actuación ofrecidas as víctimas e a de “plántalle cara ó maltrato”, e nela se plasma o medo como identificación de situacións de risco, como sinala a medida 25. Por último, como xa sinalamos anteriormente, ó ser un pobo rural o ter en conta as mulleres no rural, como sinala a medida 31, é ter en conta as nosas veciñas, a nosa poboación, polo é unha medida intrínseca no noso proxecto.

Campaña de sensibilización e visibilización do rexeitamento da veciñanza do Concello de Covelo a violencia de xénero: “Non hai sitio en Covelo para o maltrato”

Campaña composta por adhesivos para colocar nas entradas de locais públicos e privados para visibilizar o rexeitamento da veciñanza a violencia de xénero e completada con adhesivos para que as persoas coloquen individualmente nos seus coches, axendas…e chapas e carteis  para a mesma utilidade : Visibilizar o rexeitamento do Concello de Covelo contra a violencia de xénero. 9.

Campaña lendo educamos: Lecturas que educan en igualdade. Organización  dun espazo en igualdade na biblioteca municipal co fin de potenciar o uso de materiais e recursos coeducativos

Se trata dunha campaña na que favorecemos a visibilización dos materiais de educación non sexista, prioritarios na prevención da violencia de xénero.

Campaña de sensibilización e información sobre igualdad y violencia de género en la web municipal

Se trata de una campaña en la que favorecemos la visibilización de los materiales de educación no sexista, prioritarios en la prevención de la violencia de género. A através de una web donde visibilizamos os contidos de xénero.

Escola de Verán 2019

Proxecto de conciliación de  carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar as familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes.

A Comunicación institucional escrita inclusiva

Trátase de incorporar o enfoque de xénero nos fluxos escritos de información do concello de Covelo.

Decargar: ESTUDO e INCORPORACIÓN

PROXECTOS 2018

Desenvolvemento e visibilización das medidas propostas polo II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Covelo 2019.

Seguindo as directrices do II Plan de oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Covelo, planificamos as actividades do ano 2018. En colaboración coa Deputación de Pontevedra seleccionamos actividades que pensamos que nos axudarán a visibilizar e implicar as poboación do Concello, ademáis de concienciar na necesidade de que a poboación valore e se implique nunha mellora cara igualdade efectiva para que desta forma sexa máis efectivo o cambio.

Pensamos en visibilizar como unha primeira parte dun proxecto a longo prazo que comezamos o ano pasado coa realización do plan e seguimos este implicándonos en seguir as actuacións suxeridas.

Actividades de este proxecto

Obradoiro e performance para deconstruir o amor romántico e previr a violencia de xénero.

Trátouse dunha actividade amena, divertida e moi visual, acompañada dunha explicación do significado de deconstruir o amor romántico e previr a violencia de xénero.

Fixemos a xornada o 23 de novembro, a data máis próximo a dia da eliminación da violencia contra a muller, para destacar este día e aproveitar a visibilización da importancia da visión que se ten do amor romántico na realidade da violencia de xénero.

O amor romántico esta arraigado na ideoloxía hexemónica do patriarcado. Os principais mitos máis comúns do amor romántico:

– A omnipotencia do amor: O amor pode con todo. Se hai amor non necesitas nada máis: Crer que o amor é a cura de todos os males é un erro. Crer que dá igual o problema de parella que haxa ou que houbese porque o amor o cura todo, é un erro. O amor é un sentimento intenso, pero igual de intenso que as emocións negativas que nos poidan provocar situacións e problemas da vida. A parte de amor, ten que haber comunicación, diálogo, negociación, comprensión e boa vontade para solucionar as crises de parella e os desacordos puntuais.

– O verdadeiro amor é incondicional:

O amor debe ser condicional. Non todo está permitido nin todo debe ser tolerado. Cada un debe marcarse os seus propios límites de que cousas pode perdoar e dialogar e que cousas non está disposto a permitir baixo ningunha condición.

O amor é eterno: Esta crenza é moi común entre as persoas. Se vives pensando que o amor é eterno, sufrirás moito cando deixes de amar á túa parella ou cando esta che deixe de amar. É bo entender que isto nos pasará a todos e que é algo natural. Que hai que alimentar outros aspectos da relación para que esta siga adiante pasado este tempo e sexa unha relación de parella sa. 

– Sen ti non podo vivir.

Crer que a nosa vida depende doutra persoa convértenos en seres dependentes e obsesivos desa persoa. Desta forma, o único que podemos conseguir, é angustiar e asfixiar á nosa parella, en lugar de sentirse amada.

 

– O mito da Media Laranxa: É moi común escoitar esta crenza falsa en calquera contorna. A idea de que unha persoa é capaz de encher todos os nosos baleiros. Unha persoa pódenos axudar e pódenos ensinar. Pero non deixemos nunca que alguén nos encha os nosos baleiros. Ninguén naceu para compracer a outra persoa nin para completala, esa é unha carga demasiado grande para un ser tan vulnerable como o humano.

Na representación tratáronse todos estes temas que quedaban moi ben representados e integrados na vida cotiá.

A xornada tivo unha duración de unha hora e media que se dividiu do seguinte xeito: Primeira parte: realizouse unha Performance para deconstruir o amor romántico e previr a violencia de xénero tocando situacións reais nas que as persoas se podían ver reflexadas.

Segunda parte: Unha persoa experta en xénero levou a cabo unha disertación explicando a Performance e as consecuencias do amor romántico coa correspondente tertulia falando sobre as reaccións que despertaba o visionado da performance.

Realizar un documento audiovisual sobre mulleres significativas de Covelo

A realización dun documento audiovisual segue na mesma línea de visibilización e implicación por parte da poboación.

Seleccionamos a mulleres de Covelo con profesións diferentes que poideran servir de referente para as novas xeracións. Pensamos que a idea máis efectiva para cumplir o noso obxectivo de visibilización da igualdade era facer un formato corto para que poidera pasarse polo móvil e que o poidera visualizar o maior número de persoas. Se convocou a nenas da escola para un casting a que se presentou unha nena que foi a que participou e a 10 mulleres a que se lles consultou a idea do guión e que participaron na elaboración.

Desta forma se implicaron máis no proxecto.

Despois realizouse o documento audiovisual a través das seguintes fases:

  • Rodaxe. O equipo técnico realizará gravacións no Concello
  • Montaxe e masterización do documental.
  • Entrega do material en DVD.

Escola Verán 2018

Este proxecto ten un carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar as familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes.

Preténdese implicar as familias a través das indicacións básicas sobre as actividades e rutinas.

Desenvolveuse entre o 2 e 31 de xullo .

PROXECTO

Realización de proxectos financiados con fondos do pacto de estado en materia de violencia de xénero para os concellos para o ano 2018.

 

O Concello de Covelo cuenta con su II Plan de igualdad de oportunidades, entre mujeres y hombres no que se contemplan diferentes medidas para luchar contra la desigualdad, siendo esta la primera causa da violencia de género y, por lo tanto, donde tenemos que actuar.

Dentro do II Plan de igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres presentamos diferentes áreas de intervención de objetivos y  actuaciones para conseguirlos.

La elaboración del plan es un reflejo de la voluntad municipal por luchar contra todo tipo de discriminaciones que siguen a perpetuar las relaciones de desigualdad entre las personas por razón de género. Es un documento de trabajo concebido y hecho a la medida de las necesidades de las mujeres y hombres de Covelo para que la igualdad de oportunidades sea una realidad y, como consecuencia, el fin de la violencia de género.

Empleamos esta ayuda para:

Campaña de sensibilización e información sobre igualdade e violencia de xénero na web municipal:

Habilitación dun espazo WEB para visibilizar as diferentes actuacións que se fan para favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero. Coa colaboración do Pacto de Estado Contra a violencia de xénero.

Concello de Covelo

Praza do Mestre Cerviño, 2 

36872, COVELO

 

Contacto

+ 00 34 986 65 00 27/47

servizossociais.covelo@gmail.com