COEDUCACIÓN

Literatura infantil

Vermella

Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).

Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso… Foi un accidente?
Quen é a vítima? Serán quen de resolveren este enigma?

Nera, a ferreira

Imelda Barrio. Ilustracións de Andrés Meixide
Colección Contos da igualdade, 5. A Coruña, 2009

Hai moito tempo, nun afastado reino naceu Nera, a filla do ferreiro, nunha noite especial que hai cada cen anos: as constelacións están aliñadas e reúnese o Consello de Fadas para conceder un desexo a quen naza nela. Enteirados o seu pai e a súa nai, educárona na igualdade. Cando cumpriu 18 anos, as fadas e o reino enteiro agardaban expectantes. Mais ela rexeitou cambiar. Pasaron os anos e non só foi ferreira senón incluso a xefa da forxa. E viviu feliz e comeu perdices, que lle guisaba a miúdo o seu COMPAÑEIRO.

A BANDA DA RAIMUNDA

Pablo Nogueira Campo.
Literatura infantil5 a 8 años

Resumen: A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Conseguirá finalmente cumprir o seu soño?

A RECONQUISTA

Antía Yáñez. Ilustracións de Ana Pedreira

No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Como acabará o conto?

NINGUÉN NACE ANTETEMPO

O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria.

VIOLETA TAMURANA

Adrea Maceiras. Infantil de 9 a 12 anos
As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

VIOLETA TAMURANA

Despois dunha visita ao que será o seu instituto no curso próximo, David sente que algo non vai ben. As sombras dos lagartos perségueno facéndoo lembrar intensamente a aldea dos seus avós, Santo Antón de Piñeiro. David sabe que só alí pode volver ser el mesmo e responder ao seu nome verdadeiro: Arnal. Por iso David está disposto a dedicar todo o verán a procurar a luz nas sombras do seu pasado. Quizais así poida reencontrarse cos seus amigos da primeira infancia, esquecer un pouco o divorcio de seus pais, revelar un segredo familiar oculto e dicir, ben alto, que todas as persoas teñen o dereito de decidiren o seu destino, sexa este o dos lagartos, o das avelaíñas ou mesmo o das bolboretas.

Denébola a Roxa

(Infantil-Xuvenil) de Cajaraville Araújo, Héctor (Autor), Ana Pedreira (Ilustrador)

O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.

As voces da Auga

Ánxela Gracián. Gañadora ‘ex aequo’ do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018). ‘As voces da auga’ destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos. 

Remexido de patacas

Eli Ríos. A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

O trevo da sorte

Medos Romero. Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que se esvaen, como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca. Momentos que non volven, e era absurdo tratar de retelos, porque non é posíbel. Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos, e pediu a morte de veras decatándose do que era, e esta chegoulle un día de outono, deitándoa espida sobre da herba. Alí ficaba Carla, núa, serena, coma unha deusa nun cadro de Boticelli, co mirar escuro de desamparo.

a voda do galo pinto

Galo Pinto quería engaiolar a Xiana e a vaca Gallarda fixo de casamenteira. No curral, en canto se soubo a noticia, andaban todos ás carreiras: as pitas poñían ovos para facer unha torta, Gallarda preparou a nata, as cabras colleron amoras das silveiras, os porcos apañaron flores, e un coro de ovellas ensaiaba cancións de voda.

ranilda

—Señora, se me dese un bico no papo, converteríame nun home guapo.

Fronte ao culto á beleza que impera na sociedade actual, Mar Pavón reivindica nesta deliciosa fábula outros valores como a autoestima e a amizade, e faino ademais cun gran sentido do humor.

 

A partes iguais

Con unha proposta xusta e equitativa, a moza recruta ao longo do seu periplo a outros tres personaxes máis: Orellademorcego, Fociñodetouro e Ollodeaguia. Cada un deles cunha habilidade física especial e única. Nun principio, utilizarán as súas destrezas no beneficio do grupo e, finalmente, ao servizo de todos os habitantes dunha vila sometida á tiranía dun rei cruel, inxusto e mentireiro. Gonzalo García, Darabuc, decidiu recuperar e facer unha versión deste conto popular, un dos seus favoritos de neno, ao consideralo adecuado e “valioso” ante o momento socioeconómico actual: “permite reflexionar sobre as relacións de desigualdade entre os individuos na sociedade e desta cos seus gobernantes”.

MARUXA

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.
Maruxa cosía, varría e labraba.
Pepiño cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día…

Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. 

ZALGUM

A fermosa Zalgum adoitaba bañarse na fonte onde seu irmán lle daba de beber ao cabalo. Un día, o irmán viu brillar na auga un pelo longo e vermello, e prometeu casar coa dona daquel cabelo.Revisión dun conto tradicional bérber sobre amores prohibidos. Unha historia con máis dun significadoe con máis dun destinatario. Sedución, seres terribles, animais que falan, unha muller que serebela contra o destino.…En definitiva, ingredientes para os pequenos lectores que gustan do marabilloso.

 

 

A VISITA DOS TROLES

Cada ano,
cando o sol se bota a durmir por última vez,
un grupo de troles salvaxes entra violentamente naquela casa
para devorar unha suculenta cea.
Se non tivesen servida semellante cea,
os troles cometerían algunhas atrocidades.
A axuda do monstro devoratroles
será decisiva para superar tan difícil situación.

Unha intrépida viaxeira e o seu xigantesco acompañante traballan, con toda a présa do mundo, pero coa cabeza fría e unha boa dose de sagacidade, para axudar unha boa e inocente familia que leva anos atemorizada por uns personaxes de rabos longos e tamén rabelos, orellas pequenas e tamén orrelludos, que comen coma lobos, berran como hienas e manchan coma porcos.

Cando esa noite os bárbaros personaxes sentan á mesa, só atopan fontes baleiras.

A aparición do monstro devoratroles, cuberto cunha pel de oso e ensinando os dentes, resolverá definitivamente o problema.

 

AXENTE RICIÑOS

Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica… Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua… A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno.

 

mamá, quero ser Ziggy Stardust

Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.

 

 

 

Visit Us

8938 Divi St.

Building 234

San Francisco, CA 93848

Contact us

(304) 556-2345

info@okapejuice.com

sales@okapejuice.com

Open Hours

M-F: 11am – 7pm

Sat: 10am – 7pm

Sun: 10am – 5pm