QUÉ FACEMOS

PLANS DE IGUALDADE

II Plan para a Igualdade de Mulleres e Homes do concello de Covelo (2018-2021) 

PROXECTOS DESENVOLTOS

Desenvolvemento e visibilización das medidas propostas polo II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 

CAMPAÑAS

Visibilizar as accións levadas a cabo no Concello de Covelo para traballar a favor da igualdade de mulleres e homes.

CAMPAÑA NON HAI SITIO EN COVELO PARA O MALTRATO

O Concello de Covelo posiciónase contra a violencia de xénero  e presenta a campaña “Non hai sitio en Covelo para o maltrato”  e a performance “O maltrato o foxo” representada por veciñas e veciños de Covelo.

Dende o Concello de Covelo queremos mostrar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres.

Este ano van 51 mulleres e 3 menores asasinadas. 

Non hai un perfil de vítima de violencia: o factor de risco é SER MULLER.

Pedimos ás nosas veciñas e veciños que se conciencien e pensamos que a visibilización faranos reflexionar.

Por iso hoxe queremos presentar a Campaña contra a violencia de xénero  ‘Non hai sitio en Covelo para o maltrato’.

Esta campaña , que a podedes observar nos carteis , na pancarta da entrata nas chapas e nas pegatinas que vos entregamos quere reflectir o posicionamento do Concello de Covelo, e agardamos que de toda a súa veciñanza, de cara ao maltrato.

A imaxe representa unha sensación de afogo e aillamento ó maltrato por parte da veciñanza, que está representada nas caras que rodean o oco que queremos facer desaparecer. Unha veciñanza, a de Covelo contra os maltratadores.

O deseño da campaña constrúese sobre o ILLAMENTO, en varios niveis. Gráficamente o illamento exprésase a través do AFOGO da propia mensaxe da campaña, da falta de espazo que se lle dá ao eslogan e subeslogans. Para destacar, precisamente que NON HAI SITIO -no cartel, neste caso- para o maltrato. Faise a través de elementos simbólicos que representan unha multitude dun xeito metafórico/conceptual (son unha multitude de puntos pero poden ser unha multitude de cabezas de veciñas e veciños nunha manifestación, ou unha multitude de individuos dun colectivo, dunha sociedade…)

 

Noutro nivel comunicativo, o máis importante, o deseño quere expresar que a sociedade de Covelo non deixa espazo para o MALTRATO, que está represntado por unha multitude que RODEA o oco negro que quere facer desaparecer (moi importante a escolla da cor negra como fondo a desparecer polas connotacións que esta cor ten de loito, maldade, etc.).

E xa finalmente, no último nivel, aprovéitase a polisemia da palabra SITIO, para referirnos aos diversos SITIOS de Covelo: comercios, bares, establecementos, etc., nos que vai transcorrer e se vai desenvolver a campaña, a través de distintos soportes (pegatinas, chapas, carteis…) e queremos visibilizar o seu compromiso contra o MALTRATO. Neses SITIOS tampouco haberá SITIO para o maltrato.

O uso das chapas levará a mensaxe ás persoas como soporte de transmisión individual da mensaxe, e para espazos exteriores os vinilos reforzarán a comunicación en espazos públicos e educativos concurridos. Do mesmo xeito as redes sociais tamén serán aproveitadas na súa condición de medios de difusión moi amplos que chegan a moitos sectores da sociedade, sobre todo á xente máis nova.

Por outra banda, veciñas e veciños de Covelo prepararon unha peza teatral mostrando a realidade da violencia contra as mulleres. Durante a realización reflexionaron sobre esta realidade coa que queremos rematar e hoxe móstrannos o resultado. Esperamos que nos axude a pensar, pois esa é a nosa pretensión.

 

CAMPAÑA DE VISIBILIZACIÓN DAS MULLERES DE COVELO

Presentación do documento audiovisual sobre mulleres significativas de Covelo, e mostra da intención do Concello de visibilizar  a súa realidade e da loita a favor da igualdade de oportunidades.Coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Concello de Covelo

Praza do Mestre Cerviño, 2 

36872, COVELO

 

Contacto

+ 00 34 986 65 00 27/47

servizossociais.covelo@gmail.com