Axenda
III PLAN DE IGUALDADE DE COVELO
Novembro 2025
Ciclo de Cine pola igualdade e contra a violencia de xénero en Covelo
19, 26 outubro e 9 novembro 2025
Ciclo de Cinefórum con películas para reflexionar sobre igualdade.
Filme: “Corre como una chica”
Unha historia inspiradora sobre superación, forza e igualdade de oportunidades.
Ao rematar a proxección realizaremos a actividade “Expresión de igualdade”, un espazo aberto de análise e debate para compartir reflexións e opinións.
Filme: “Unha familia de superheroes”e obradoiro infantil “Ser Igualitarios é o noso superpoder”.
Filme: Mulan obradoiro infantil “A mentalidade do heroe: esforzo sen límites”
Organiza: Concello de Covelo e financia Deputación de Pontevedra.
Grupo de autocoidado para mulleres
19 setembro 2025
Realizado pola Funcdación Erquete a a Deputación de Pontevedra coa colaboracuión do Concello de Covelo e o Sergas.
Exposición“Enraizadas”
17 outubro 2025
cedida pola Fundación Eomaia e a Asociación Rural Terra e Xente
Unha mostra que pon en valor o papel das mulleres no rural e as estratexias que sosteñen a vida nas nosas aldeas
Grupo de autocoidado para mulleres
19 setembro 2025
Realizado pola Funcdación Erquete a a Deputación de Pontevedra coa colaboracuión do Concello de Covelo e o Sergas.
Obradoiro “Cociñando saúde: alimentación antiinflamatoria e receitas de benestar” ( Programa Clara)
30 setembro 2025
Curso básico de Intelixencia artificial
23/24 setembro 2025
facendo a IA unha aliada pola Igualdade.
Corpo e emocións en movemento (Programa Clara)
Venres 22 de agosto 2025
Moda: Suxección ou liberación ( Programa Clara)
20 agosto 2025
Saúde mental e muller ( Programa Clara)
31 Xullo 2025
Programa Clara
agoste e setembro 2025
Programa dirixido a promover a igualdade e previr a violencia de xénero mediante un servizo municipal integral e compartido. Inclúe actividades de atención psicolóxica e xurídica, orientación laboral, saúde e benestar, así como accións de sensibilización en igualdade.
Escola de Verán e Bolsa de Conciliación Plan corresponsables
2025 Xuño/xullo e setembro
Servizos de conciliación do Concello de Covelo
PACTO DE ESTADO 2024 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
2025
Proxecto 10 meses 10 propósitos: Axenda escolar e caderno de notas con reflexións e propósitos contra a violencia de xénero que se traballarán coas crianzas no CEIP Antonio Blanco Rodríguez.
Círculo de mulleres
Mayo 2025
O proxecto “Círculo de Mulleres”e unn espazo seguro e transformador para compartir, aprender e fortalecer a confianza e o benestar das mulleres no rural. Realízarase todos os segundos xoves de cada mes as 19:00 horas no edificio multiusos de Covelo .
Nove encontros mensuais, de maio a decembro de 2025, para traballar a autonomía, autoestima e igualdade en todas as etapas da vida.
Un espazo seguro para compartir experiencias, reflexionar e avanzar xuntas en igualdade.
Actividade promovida pola Concellería de Servizos Sociais e da Muller.
Financiado pola Deputación de Pontevedra.
Celebrando o 8M
2025
Teatro no auditorio Municipal de Covelo.
Espectáculo financiado pola Deputación de Pontevedra co circuíto “+Escénicas” de apoio á programación de espectáculos profesionais de artes escénicas.
Feminissimas da Compañía De Ste Xeito, sábado 15.03.2025 ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Covelo.
Sinopse: Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo»…
Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminisimo.
En resumo: unha comedia negra…moi violeta.
Celebramos o 8M
2025
Un espazo para conversar, compartir historias e atopar un lugar seguro entre mulleres.
Novembro 2024
Axudas para sacar os carnés de Conducir B, C+CAP202424.
Financiado coa colaboración da Deputación de Pontevedra
2024
Campaña de sensibilización Non hai sitio para o maltrato en Covelo, financiada polo Pacto de estado 2023
2024
Programa Clara
Programa de promoción da Igualdade e prevención da violencia de xénero para mulleres en situación de especiel vulnerabilidade. Atención psicolóxica e xurídica xunto.
Programa cofinanciado pola Unión Europea no marco de Programa FSE+ Galicia 2021-2027
2024
Plan corresponsables 2024
Servizo de Conciliación e Escola de verán e Proxecto de sensibilización en corresponsabilidade e novas masculinidades financiados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade
2024
Contos violetas para lembrar o Día internacional da muller.
Marzo 2024
Axudas para sacar os carnés de Conducir B, C+CAP 2023. Financiado coa colaboración da Deputación de Pontevedra
2023
Campaña de sensibilización Non hai sitio para o maltrato en Covelo, financiada polo Pacto de estado 2022
2023
Difusión III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres
2023
Difusión III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre
homes e mulleres do Concello de Covelo 2023: Xornada de
difusión do III Plan de Igualdade de Oportunidades de mulleres
e homes do Concello de Covelo ao alumnado: Presentación e
exposición con ppt e distribución de material informativo.
Escola Verán 2023 e servizos de conciliación. Como todos os anos durante o mes de xullo realízase un proxecto de carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar ás familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de
actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as
esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a
perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes.
Preténdese implicar ás familias a través das indicacións básicas sobre as actividades e rutinas. Xunto a escola de verán como proxecto de conciliación, ofertaremos un servizo de conciliación para as persoas que o precisen poidan anotarse e adaptarnos as súas necesidades.
Escola Verán 2023 e servizos de conciliación
Xullo 2023Obradoiros dirixidos ao alumnado de infantil e primaria do Ceip Antonio Blanco de Covelo
4.5.8 de maio 2023Obradoiros dirixidos ao alumnado de infantil e primaria do Ceip Antonio Blanco de Covelo: Obradoiros sobre diversidade afectiva-sexual, de xénero e familiar coa intención na comunidade educativa de integrar o respecto á diversidade afectiva-sexual e de xénero e desenvolver as capacidades afectivas do alumnado de infantil e primaria en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivosexual e de xénero.
O 7 de marzo de 2023 ás 17 h charla sobre "A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión" no Auditorio do Concello de Covelo.
Xornada sobre Memoria Histórica
7 de marzo de 2023Carta ecolóxica e feminista
Decembro 2022
III PLAN DE IGUALDADE DE COVELO
Decembro 2022SERVIZO DE CONCILIACIÓN:
Decembro 2022Servizo socioeducativo no Concello de Covelo para facilitar a conciliación das familias en periodos lectivos en horario non lectivo. Trátase da dinamización da biblioteca e centros sociais da vila en horario non lectivo según as necesidades das familias solicitantes do servizo.
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
25 de Novembro 20221 minuto de silencio polas vítimas. 12:30 h. diante do Concello de Covelo.
Mavi a Maleta Viaxeira está en Covelo
4 outubro 2022
Préstamo de libros relacionados co feminismo, igualdade,
empoderamento, autoestima ou a violencia machista ás mulleres e nenas.
Podes recoller un libro de préstamo (tamén libros infantís) na oficina de cultura do concello de Covelo en horario de 8.00 h a 14.00 h de luns a venres.
Iniciativa da Subdelegación de Goberno de Pontevedra (Ministerio de Igualdade), colabora Concello de Covelo.
ESCOLA DE VERÁN
Xullo 2022ESCOLA DE VERÁN Servizo socioeducativo que se realiza no Concello de
Covelo para facilitar a conciliación das familias en periodos non lectivos.
Trátase de actividades socioeducativas específicas deseñadas según as
idades, habilidades e capacidades das persoas participantes para a
consecución dos obxectivos propostos. Realizaronse múltiples e variados
obradoiros e actividades como, por exemplo: – Lúdicas e de animación
(xogos populares, danzas, bailes…) – Deportivas (ioga e outros deportes) –
Artísticas (obradoiros de manualidades, pintura e debuxo) – Obradoiros
sobre horticultura e medio ambiente, fauna e flora autóctonas. – Excursións culturais.
ORIENTATE
26 de xuño 2022
Día internacional da muller
8 Marzo 2022
Contacontos e exposición
Agosto 2021, Praza de Maceira
Proxecto de carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar ás familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
Escola de verán
Verán 2021Formación en diversidade afectivo sexual e de xénero
Xuño 2021
A Concellería de Igualdade do Concello de Covelo xunto coa Deputación de Pontevedra presenta as crianzas do Concello de Covelo o Plan de igualdade : Formación en diversidade afectivo sexual e de xénero. 11 sesións. 3 en Educación Infantil e 8 en Educación Primaria.
Os obxectivos que queremos conseguir son: Primeiro ciclo, 1º e 2º de primaria, reflexionar sobre que é a diversidade e as diferentes familias que existen.
Segundo ciclo, 3º e 4º de primaria: reflexionar sobre as diferencias que existen cando expresamos a nosa afectividade e como isto non pode supor unha desigualdade.
Terceiro ciclo, 5º e 6º de primaria: reflexionar sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero (orientación sexual e identidade de xénero). Previo a afondar nas diferenzaas que conforman a nosa sexualidade, afectividade e identidade, traballase o significado da diversidade como algo común a todas as persoas (identificando as nosas propias diversidades) ao tempo que poñemos en valor a defensa dos Dereitos Humanos.
“Respecto nas festas, en Covelo non hai sitio para o maltrato”
Verán 2021Cartel das exposicións de "Eu podo"
Verán 2021
Escola de verán
Xullo 2021
De luns a venres de 09.00 ás 14.00 horas. Crianzas de 3 a 12 anos
Inscricións: Do 31 de maio ó 10 de xuño 2021
Lista de persoas admitidas: 14 xuño 2021
Pago: Do 15 ao 18 de xuño 2021
+ info nos servizos sociais do Concello 986650027 ext 3,
http://www.concellodecovelo.es/
https://www.facebook.com/concellodecovelo/
https://www.instagram.com/concellodecovelo/
Covelo- aventura: non hai sitio en Covelo para o maltrato
27 de Xuño 2021
Obradoiros de diversidade afectivo sexual
Xuño 2021
CEIP Antonio Blanco Rodríguez
IDENTIFICANDO O AMOR INSÁN
6 de maio 2021
Comezo a campaña “ Identificando o amor insán”
EU PODO
8 marzo 2021
OBRADOIRO DE EMPODERAMENTO E AUTOESTIMA DA MULLER
Setembro 2020
Inscricións do 4 á 11 de setembro 2020
SUFRAGISTAS
Cine contra a violencia de xénero+coloquio
Plaza Mestre Cerviño –21:30 horas
MJ PÉREZ - Xira "A Luz Prendida
MJ PÉREZ – Xira “A Luz Prendida”
Setembro 2020
“8 de marzo. Día Internacional da Muller"
Marzo 2020
O domingo 8 de marzo
Estamos buscando propostas para os escolas de semana santa, véran e nadal de este ano. Se estades interesados, poñerse en contacto.
17:30 horas
Auditorio Municipal
A Comunicación institucional escrita inclusiva
Trátase de incorporar o enfoque de xénero nos fluxos escritos de información do concello de Covelo.
Luns 17 de febrero de 2020
1ª convocatoria de 13.00- 14.00 horas
2ª convocatoria de 14.00- 15.00 horas
Decargar: ESTUDO e INCORPORACIÓN
“Non hai sitio en Covelo para o maltrato”
Novembro 2019
O domingo 24 de novembro ás 17.30 no Auditorio Municipal , co motivo da celebración o 25N do día internacional da violencia contra as mulleres, o Concello de Covelo coa colaboración da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Presidencia, relación coas cortes e igualdade , fixo un acto para visibilizar o seu posicionamento contra a violencia de xénero .
Presentouse a Campaña contra a violencia de xénero “ Non hai sitio en Covelo para o maltrato” que constará de cartelería, chapas e pegatinas en diferentes formatos co obxetivo de que os locais e as persoas de Covelo mostren e fagan visible o seu rexeitamento a violencia de xénero.
Rematou a presentación cunha peza teatral realizada por unha representación da veciñanza que fixo un guión no que mostra un rechazo total a violencia contra as mulleres. Máis información
A Pirata Escarlata
Con Marisa Irimia. Contacontos.
Outubro 2019
Venres, 4 de outubro na Biblioteca Municipal de Covelo ás 11:00 h. Nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Obradoiro de Ilustración
Outubro 2019
Mércores, 2 de outubro na Biblioteca de Covelo ás 12.30 h. Nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.
Obradoiro de ilustración: «Rachando gaiolas». Unha reflexión sobre a igualdade entre sexos a través da ilustración e a imaxe.
Somos iguais
Contos pola Igualdade de Raquel Queizás.
Setembro 2019
Martes 24 de setembro as 12.30 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.
escola de verán
Xullo 2019
Proxecto de conciliación de carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar as familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes.
Novo espacio web
Xuño 2019
Habilitación dun espazo WEB para visibilizar as diferentes actuacións que se fan para favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero. Coa colaboración do Pacto de Estado Contra a violencia de xénero.
Igualdade na biblioteca de Covelo
Xuño 2019
Habilitación dun espazo de igualdade na biblioteca municipal.Coa colaboración do Pacto de Estado Contra a violencia de xénero.
Covelo coa igualdade
9 marzo 2019
Covelo coa Igualdade : Presentación dodocumento audiovisual sobre mulleres significativas de Covelo, e mostra da intención do Concello de visibilizar a súa realidade e da loita a favor da igualdade de oportunidades.Coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
o amor non sempre triunfa
23 novembro 2018
Performance sobre a deconstrucción do amor romántico.
Concello de Covelo
Praza do Mestre Cerviño, 2
36872, COVELO
Contacto
+ 00 34 986 65 00 27/47
servizossociais.covelo@gmail.com