Axenda

 

Difusión III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres

2023

Difusión III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre
homes e mulleres do Concello de Covelo 2023: Xornada de
difusión do III Plan de Igualdade de Oportunidades de mulleres
e homes do Concello de Covelo ao alumnado: Presentación e
exposición con ppt e distribución de material informativo.

Descargar ou consultar plan 

Escola Verán 2023 e servizos de conciliación. Como todos os anos durante o mes de xullo realízase un proxecto de carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar ás familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de
actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as
esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a
perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes.
Preténdese implicar ás familias a través das indicacións básicas sobre as actividades e rutinas. Xunto a escola de verán como proxecto de conciliación, ofertaremos un servizo de conciliación para as persoas que o precisen poidan anotarse e adaptarnos as súas necesidades.

Escola Verán 2023 e servizos de conciliación

Xullo 2023

Obradoiros dirixidos ao alumnado de infantil e primaria do Ceip Antonio Blanco de Covelo

4.5.8 de maio 2023

Obradoiros dirixidos ao alumnado de infantil e primaria do Ceip Antonio Blanco de Covelo: Obradoiros sobre diversidade afectiva-sexual, de xénero e familiar coa intención na comunidade educativa de integrar o respecto á diversidade afectiva-sexual e de xénero e desenvolver as capacidades afectivas do alumnado de infantil e primaria en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivosexual e de xénero.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioblanco/

O 7 de marzo de 2023 ás 17 h charla sobre "A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión" no Auditorio do Concello de Covelo.

Xornada sobre Memoria Histórica

7 de marzo de 2023

Carta ecolóxica e feminista

Decembro 2022

– Plan pendente de carga –

III PLAN DE IGUALDADE DE COVELO

Decembro 2022

SERVIZO DE CONCILIACIÓN:

Decembro 2022

Servizo socioeducativo no Concello de Covelo para facilitar a conciliación das familias en periodos lectivos en horario non lectivo. Trátase da dinamización da biblioteca e centros sociais da vila en horario non lectivo según as necesidades das familias solicitantes do servizo.

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

25 de Novembro 2022

1 minuto de silencio polas vítimas. 12:30 h. diante do Concello de Covelo.

Mavi a Maleta Viaxeira está en Covelo

4 outubro 2022

Préstamo de libros relacionados co feminismo, igualdade,
empoderamento, autoestima ou a violencia machista ás mulleres e nenas.
Podes recoller un libro de préstamo (tamén libros infantís) na oficina de cultura do concello de Covelo en horario de 8.00 h a 14.00 h de luns a venres.
Iniciativa da Subdelegación de Goberno de Pontevedra (Ministerio de Igualdade), colabora Concello de Covelo.

ESCOLA DE VERÁN

Xullo 2022

ESCOLA DE VERÁN Servizo socioeducativo que se realiza no Concello de
Covelo para facilitar a conciliación das familias en periodos non lectivos.
Trátase de actividades socioeducativas específicas deseñadas según as
idades, habilidades e capacidades das persoas participantes para a
consecución dos obxectivos propostos. Realizaronse múltiples e variados
obradoiros e actividades como, por exemplo: – Lúdicas e de animación
(xogos populares, danzas, bailes…) – Deportivas (ioga e outros deportes) –
Artísticas (obradoiros de manualidades, pintura e debuxo) – Obradoiros
sobre horticultura e medio ambiente, fauna e flora autóctonas. – Excursións culturais.

ORIENTATE

26 de xuño 2022

Día internacional da muller

8 Marzo 2022

Contacontos e exposición

Agosto 2021, Praza de Maceira

Proxecto de carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar ás familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

Escola de verán

Verán 2021

Formación en diversidade afectivo sexual e de xénero

Xuño 2021

A Concellería de Igualdade do Concello de Covelo xunto coa Deputación de Pontevedra presenta as crianzas do Concello de Covelo o Plan de igualdade : Formación en diversidade afectivo sexual e de xénero. 11 sesións. 3 en Educación Infantil e 8 en Educación Primaria.

Os obxectivos que queremos conseguir son: Primeiro ciclo, 1º e 2º de primaria, reflexionar sobre que é a diversidade e as diferentes familias que existen.

Segundo ciclo, 3º e 4º de primaria: reflexionar sobre as diferencias que existen cando expresamos a nosa afectividade e como isto non pode supor unha desigualdade.

Terceiro ciclo, 5º e 6º de primaria: reflexionar sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero (orientación sexual e identidade de xénero). Previo a afondar nas diferenzaas que conforman a nosa sexualidade, afectividade e identidade, traballase o significado da diversidade como algo común a todas as persoas (identificando as nosas propias diversidades) ao tempo que poñemos en valor a defensa dos Dereitos Humanos.

“Respecto nas festas, en Covelo non hai sitio para o maltrato”

Verán 2021

Cartel das exposicións de "Eu podo"

Verán 2021

Escola de verán

Xullo 2021

De luns a venres de 09.00 ás 14.00 horas. Crianzas de 3 a 12 anos

Inscricións: Do 31 de maio ó 10 de xuño 2021

Lista de persoas admitidas: 14 xuño 2021

Pago: Do 15 ao 18 de xuño 2021

+ info nos servizos sociais do Concello 986650027 ext 3,

http://www.concellodecovelo.es/
https://www.facebook.com/concellodecovelo/
https://www.instagram.com/concellodecovelo/

Covelo- aventura: non hai sitio en Covelo para o maltrato

27 de Xuño 2021

Obradoiros de diversidade afectivo sexual

Xuño 2021

CEIP Antonio Blanco Rodríguez

IDENTIFICANDO O AMOR INSÁN

6 de maio 2021 

Comezo a campaña “ Identificando o amor insán”

EU PODO

8 marzo 2021

 

Campaña Eu Podo. Historias de Mulleres: exposición de mulleres polas diferentes vilas de Covelo.

 

 

OBRADOIRO DE EMPODERAMENTO E AUTOESTIMA DA MULLER

Setembro 2020
mércores 16 e 23 de setembro e venres 18 e 25 setembro
das 17:00 ás 20:00 h. – Sala Multiusos – Covelo

Inscricións do 4 á 11 de setembro 2020

Lista de persoas admitidas: 14 de setembro 2020
+INFO SERVIZOS SOCIAIS DE COVELO
Tel. 986 650 027 EXT 3
servizossociais.covelo@fegamp.gal

SUFRAGISTAS

 

Sábado 5 de setembro 2020
Cine contra a violencia de xénero+coloquio
Plaza Mestre Cerviño –21:30 horas

MJ PÉREZ - Xira "A Luz Prendida

MJ PÉREZ – Xira “A Luz Prendida” 

Setembro 2020
Venres 4 de setembro 2020  
MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega. Defínese como “cantautora”, mais se algo está claro é que MJ non é unha cantautora ao uso. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula máis de 150 concertos por diferentes cidades e vilas de Galicia e Portugal

“8 de marzo. Día Internacional da Muller"

Marzo 2020

O domingo 8 de marzo

Estamos buscando propostas para os escolas de semana santa, véran  e nadal  de este ano. Se estades interesados, poñerse en contacto.

17:30 horas

Auditorio Municipal

A Comunicación institucional escrita inclusiva

Trátase de incorporar o enfoque de xénero nos fluxos escritos de información do concello de Covelo.

Luns 17 de febrero de 2020

1ª convocatoria de 13.00- 14.00 horas
2ª convocatoria de 14.00- 15.00 horas

“Non hai sitio en Covelo para o maltrato”

Novembro 2019

O domingo 24 de novembro ás 17.30 no Auditorio Municipal , co motivo da celebración o 25N do día internacional da violencia contra as mulleres, o Concello de Covelo coa colaboración da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Presidencia, relación coas cortes e igualdade , fixo un acto para visibilizar o seu posicionamento contra a violencia de xénero .

Presentouse a Campaña contra a violencia de xénero “ Non hai sitio en Covelo para o maltrato” que constará de cartelería, chapas e pegatinas en diferentes formatos co obxetivo de que os locais e as persoas de Covelo mostren e fagan visible o seu rexeitamento a violencia de xénero.

Rematou a presentación cunha peza teatral realizada por unha representación da veciñanza que fixo un guión no que mostra un rechazo total a violencia contra as mulleres. Máis información

A Pirata Escarlata

Con Marisa Irimia. Contacontos.

Outubro 2019

Venres, 4 de outubro na Biblioteca Municipal de Covelo ás 11:00 h. Nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Obradoiro de Ilustración

Outubro 2019

Mércores, 2 de outubro na Biblioteca de Covelo ás 12.30 h. Nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.

Obradoiro de ilustración: «Rachando gaiolas». Unha reflexión sobre a igualdade entre sexos a través da ilustración e a imaxe.

Somos iguais

Contos pola Igualdade de Raquel Queizás.

Setembro 2019

Martes 24 de setembro as 12.30 h. no Auditorio Municipal de Covelo.

Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.

escola de verán

Xullo 2019

Proxecto de conciliación de  carácter sociocomunitario, establecendo unha oferta de sensibilización na igualdade de xénero, educativa e lúdica para nenas e nenos do municipio.Ten como finalidade proporcionar as familias do municipio un recurso que facilite a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Búscase ocupar o tempo de lecer das nenas e nenos de forma organizada e planificada a través de actividades que potencien a corresponsabilidade en todas as esferas da súa vida. No deseño e execución tense conta a perspectiva de xénero e a integración de tarefas que estimulen a autonomía e capacidade crítica das e dos participantes. 

Novo espacio web

Xuño 2019

Habilitación dun espazo WEB para visibilizar as diferentes actuacións que se fan para favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero. Coa colaboración do Pacto de Estado Contra a violencia de xénero.

Igualdade na biblioteca de Covelo

Xuño 2019

Habilitación dun espazo de igualdade na biblioteca municipal.Coa colaboración do Pacto de Estado Contra a violencia de xénero.

Covelo coa igualdade

9 marzo 2019

Covelo coa Igualdade : Presentación dodocumento audiovisual sobre mulleres significativas de Covelo, e mostra da intención do Concello de visibilizar  a súa realidade e da loita a favor da igualdade de oportunidades.Coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

o amor non sempre triunfa

23 novembro 2018

Performance sobre a deconstrucción do amor romántico.

 

Concello de Covelo

Praza do Mestre Cerviño, 2 

36872, COVELO

 

Contacto

+ 00 34 986 65 00 27/47

servizossociais.covelo@gmail.com