QUÉ FACEMOS
PLANS DE IGUALDADE
II Plan para a Igualdade de Mulleres e Homes do concello de Covelo (2018-2021)
PROXECTOS DESENVOLTOS
Desenvolvemento e visibilización das medidas propostas polo II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades
CAMPAÑAS
Visibilizar as accións levadas a cabo no Concello de Covelo para traballar a favor da igualdade de mulleres e homes.
Campaña identificand o o amor
insan Novembro 2021
EU PODO. HISTORIAS DE MULLERES
O Concello de Covelo recupera historias de mulleres e as mostra nunha exposición itinerante polas parroquias do concello.
CAMPAÑA NON HAI SITIO EN COVELO PARA O MALTRATO
O Concello de Covelo posiciónase contra a violencia de xénero e presenta a campaña “Non hai sitio en Covelo para o maltrato” e a performance “O maltrato o foxo” representada por veciñas e veciños de Covelo.
Dende o Concello de Covelo queremos mostrar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres.
Este ano van 51 mulleres e 3 menores asasinadas.
Non hai un perfil de vítima de violencia: o factor de risco é SER MULLER.
Pedimos ás nosas veciñas e veciños que se conciencien e pensamos que a visibilización faranos reflexionar.
Por iso hoxe queremos presentar a Campaña contra a violencia de xénero ‘Non hai sitio en Covelo para o maltrato’.
Esta campaña , que a podedes observar nos carteis , na pancarta da entrata nas chapas e nas pegatinas que vos entregamos quere reflectir o posicionamento do Concello de Covelo, e agardamos que de toda a súa veciñanza, de cara ao maltrato.
A imaxe representa unha sensación de afogo e aillamento ó maltrato por parte da veciñanza, que está representada nas caras que rodean o oco que queremos facer desaparecer. Unha veciñanza, a de Covelo contra os maltratadores.
O deseño da campaña constrúese sobre o ILLAMENTO, en varios niveis. Gráficamente o illamento exprésase a través do AFOGO da propia mensaxe da campaña,
Noutro nivel comunicativo, o máis importante, o deseño quere expresar que a sociedade de Covelo non deixa espazo para o MALTRATO, que está represntado por unha multitude que RODEA o oco negro que quere facer desaparecer (moi importante a escolla da cor negra como fondo a desparecer polas connotacións que esta cor ten de loito, maldade, etc.).
E xa finalmente, no último nivel, aprovéitase a polisemia da palabra SITIO, para referirnos aos diversos SITIOS de Covelo: comercios, bares, establecementos, etc., nos que vai transcorrer e se vai desenvolver a campaña, a través de distintos soportes (pegatinas, chapas, carteis…) e queremos visibilizar o seu compromiso contra o MALTRATO. Neses SITIOS tampouco haberá SITIO para o maltrato.
O uso das chapas levará a mensaxe ás persoas como soporte de transmisión individual da mensaxe, e para espazos exteriores os vinilos reforzarán
CAMPAÑA DE VISIBILIZACIÓN DAS MULLERES DE COVELO
Presentación do documento audiovisual sobre mulleres significativas de Covelo, e mostra da intención do Concello de visibilizar a súa realidade e da loita a favor da igualdade de oportunidades.Coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Concello de Covelo
Praza do Mestre Cerviño, 2
36872, COVELO
Contacto
+ 00 34 986 65 00 27/47
servizossociais.covelo@gmail.com