COEDUCACIÓN
Guías de sensibilización na administración
Lenguaje administrativo no sexista
2006. Menéndez I. Instituto Andaluz de la Mujer.
O obxectivo desta guía é ofrecer ao persoal da Junta de Andalucía unha ferramenta de traballo clarificadora e útil que lle permita revisar e redactar os documentos administrativos incorporando unha linguaxe igualitaria. Ofrece solucións prácticas e didácticas sobre o uso da linguaxe administrativa non sexista, de xeito que resolva calquera dúbida que poida aparecer no traballo administrativo cotiá.
Alternativas y soluciones no sexixtas al lenguaje administrativo del Principado de Asturias
2004. Gloria Rodríguez Hevia. Principado de Asturias. Instituto de la Mujer.
Un dos obxetivos deste estudio consiste en ofrecer á Administración do Principado de Asturias solucións lingü.sticas que eliminen as prácticas discriminatorias e que inclúan tamén as mulleres como destinatarias das mensaxes.
Sexismo y androcentrismo en los textos administrativonormativos.
2005. Bengochea Mercedes. Universidade de Alcalá.
O primeiro obxectivo deste documento é facer entender que existe unha íntima conexión entre a lingua empregada no mundo público laboral e a posición feminina na sociedade, e polo tanto, para potenciar un cambio da realidade social que ocupan as mulleres, é preciso modificar a linguaxe que usamos nas administracións públicas.
Manual de Lenguaje Administrativo no Sexista
2002. Asociación de Estudios. Históricos sobre la Mujer. Área de la Mujer. Ayuntamiento de Málaga.
A finalidade deste manual é familiarizar ao persoal da administración coas estratexias sexistas que posúe a lingua española e sensibilizalo cos cambios que demanda a sociedade actual. En definitiva, a importancia de erradicar o sexismo linguistico da linguaxe administrativa, tanto nas relacións internas, como nas súas relacións coa cidadanía.
Manual de Buenas Prácticas. Lenguaje administrativo con perspectiva de género
2003. Ayuntamiento de Avilés
Este manual ten como obxectivo non so adecuar toda a documentación procedente da Administración Municipal a un uso non sexista da linguaxe, sinon tamén poñer de manifesto a importancia desta ferramenta básica da comunicación e corrixir o seu uso sesgado.
Guía para un uso inclusivo del lenguaje en la Administración Local.
2010. Familia e Igualdad de Oportunidades. Ayuntamiento de Salamanca
Este documento ten como pretensión ofrecer ao persoal orientacións claras con recursos e alternativas que promovan un uso inclusivo da linguaxe, e onde se recoñeza por igual a mulleres e homes.
Estudo e incorporación dunha linguaxe non sexista na comunicación web do Concello de Covelo.
2019. Concellería de Igualdade. Concello de Covelo
Este estudo responde á necesidade de incorporar o enfoque de xénero nos fluxos de información da web oficial do Concello de Covelo.
Guía da Comunicación Inclusiva.
2016. Deputación de Pontevedra.
Esta guía proporciona ferramentas e un catálogo de recomendacións e posibilidades para establecer unha comunicación inclusiva tanto na escritura como nas imáxes.
Guías de sensibilización de lenguaxe non sexista
Clasificación por temas correspondentes aos distintos ámbitos e ferramentas que poden sernos de utilidade.
Concello de Covelo
Praza do Mestre Cerviño, 2
36872, COVELO
Contacto
+ 00 34 986 65 00 27/47
servizossociais.covelo@gmail.com