QUÉ FACEMOS

PLANS DE IGUALDADE

II Plan para a Igualdade de Mulleres e Homes do concello de Covelo (2018-2021) 

PROXECTOS DESENVOLTOS

Desenvolvemento e visibilización das medidas propostas polo II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 

CAMPAÑAS

Visibilizar as accións levadas a cabo no Concello de Covelo para traballar a favor da igualdade de mulleres e homes.

II PLAN DE IGUALDADE

A elaboración do II Plan para a Igualdade de Mulleres e Homes do concello de Covelo (2018-2021) é un reflexo da vontade expresa do Concello por continuar loitando contra todo tipo de discriminacións que seguen a perpetuar relacións de desigualdade entre as persoas por razón de xénero. 

Este II Plan é a continuación do traballo desenvolvido no I Plan, e vai permitir durante catro anos continuar desenvolvendo políticas públicas con perspectiva de xénero que teñen como finalidade alcanzar a igualdade efectiva entre as mulleres e os homes no Concello de Covelo.

O seu obxectivo primordial e traballar na implementación da transversalidade de xénero co fin de facer partícipes ao maior número de organismos locais e o persoal técnico e político municipal, de que a igualdade de oportunidades sexa realidade en todas as políticas e accións realizadas no concello de Covelo. 

Coa posta en execución deste II Plan para a Igualdade preténdese ter un documento de traballo, unha ferramenta práctica, concibida e feita á medida das necesidades de mulleres e homes do municipio de Covelo e que xa está a trazar o camiño dunha política municipal concibida e aplicada desde a perspectiva de xénero. 

Ver PLAN DE IGUALDADE

Concello de Covelo

Praza do Mestre Cerviño, 2 

36872, COVELO

 

Contacto

+ 00 34 986 65 00 27/47

servizossociais.covelo@gmail.com